Inundacións en Chapela e danos ao medio ambiente na Praia de Arealonga

Publicado por o día 05/09/2018 na sección de Galicia,Redondela

Inundacións en Chapela e danos ao medio ambiente na Praia de Arealonga

A Asociación de Veciños de Chapela ven de manifestar e facerlle publico ao Sr. Alcalde do Concello de Redondela que a choiva de onte, dia 4 de setembro, con fortes tormentas que azoutou Chapela, aproximadamente durante dúas horas causou varios incidentes e problemas nesta parroquia con inundacións e riadas de grande magnitude. (en varias zonas, incluso con arrastre de fecais)

Esta situación ven ocasionada pola falta de limpeza dos cauces dos rios e regatos, rexistros, recollida de augas pluviais inadecuadas e mantemento xeral necesarios.

Como por exemplo a inundación na Avda. de Redondela, preto do instituto. (Denunciado/reclamado o Concello en varias ocasións)…

O río Maceiras que desemboca na praia de Arealonga arrastrou novamente (como xa e habitual cando hai fortes choivas) unha grande avalancha de TERRAS, PEDRAS, LADRILLOS E TODO TIPO DE RESTOS DE OBRAS que posiblemente procedan das obras da buraca, das obras do novo colexio, das obras da autoestrada…, etc.

Este perigoso, noxento e insalubre desastre provocado no principal areal de Chapela (que se podería prever), ademais dos nefastos danos na praia tamén causará graves consecuencias nas especies acuáticas e piscícolas.

Dende a Asociación de veciños de Chapela estamos cansos de reclamar ante o Concello as medidas de precaución correspondentes para evitar estes “desastres anunciados”, que aparecen e se depositan no areal a través dos ríos e regatos, a causa do movemento das terras polas diferentes obras feitas nesta parroquia sen que se tomen as medidas de precaución adecuadas para evitar danos o medio ambiente.

Polo exposto a Asociación de Veciños de Chapela solicitan que se proceda o arranxo, preparación e mantemento de tódalas zonas afectadas e Exiximos, unha vez mais, a retirada inmediata de todo tipo de materiais que por natureza non pertencen a praia.

Carril totalmente alagado en Chapela, Redondela

Hai uns minutos unha lectora do noso diario nos facia chegar este vídeo do que esta pasando en Chapela, no vídeo mostra que un carril esta totalmente alagado e con iso problemas de circulación.Video vía Greta Loren

Publiée par Noticias de Vigo sur Mardi 4 septembre 2018