Investigadoras do ENEA Portici Research Center revelan os efectos tóxicos dos microplásticos no medio mariño

Por o 08/04/2019 | Sección: Galicia,Universidade de Vigo,Vigo
Investigadoras do ENEA Portici Research Center revelan os efectos tóxicos dos microplásticos no medio mariño
Compartir en:

María Oliviero e Simona Schiavo, investigadoras do ENEA Portici Research Center de Nápoles ofreceron este martes unha conferencia dentro do ciclo Café don Sal da Ecimat na que abordaron os efectos tóxicos dos microplásticos no medio mariño. Oliviero e Schiavo centraron a súa intervención nos efectos ecotóxicos e xenotóxicos do plástico e os seus aditivos sobre as larvas planctónicas mariñas e como este impacto podería afectar a niveis tróficos superiores. Neste contexto e ao abeiro do programa Assemble Plus, o proxecto Gecoplast (Genotoxicity and Ecotoxicity of Plastics and Additives on marine larvae), no que participan ambas poñentes, ten como obxectivo avaliar a ecotoxicidade e xenotoxicidade dos microplásticos e os seus aditivos en larvas mariñas. Gecoplast, está a desenvolverse na ECIMAT a través do programa Assemble Plus, e conta coa supervisión do docente e investigador do grupo Ecotox (CIM-UVigo) Ricardo Beiras.

A produción global anual de plástico achégase aos 300 millóns de toneladas e constitúe unha das maiores preocupacións para o medio ambiente e moi especialmente no medio mariño, onde os microplásticos están presentes desde a superficie do mar ata os sedimentos.

A natureza do cambio (paleo) climático

As conferencias do ciclo Café con Sal continuarán o vindeiro 21 de maio na Ecimat coa intervención de Ginaluca Marino, investigador distinguido do Grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental do CIM-UVigo e profesor honorario de The Australian National University. Marino ofrecerá un relatorio titulado The nature of (paleo) climate change, no que expoñerá as principais características dos ciclos da idade do xeo, a caracterización do patrón de variabilidade e as súas causas, así como algunhas consideracións para explotar o rexistro do paleoclima en estudos de sensibilidade climática.

Comentar noticia

Your email address will not be published.