– A coalición EQUO-PIRATAS convida a cidadanía de Vigo, veciños de Chapela-Redondela, e as asociacións de veciños e outras entidades sociais, o SÁBADO 16 MAIO ás 11 HORAS, a coñecer o proxecto da VÍA VERDE que queremos que se realice entre a nova estación de Urzaiz e o apeadeiro de chapela, contemplando a súa posible futura ampliación ata Redondela.
Percorreremos o tramo comprendido entre COUTADAS e a RIOUXA na parroquia de Teis. Con chegada ao parque sobre as 12:15/12:45.
Dende EQUO-PIRATAS consideramos que é unha OPORTUNIDADE ÚNICA de ESPARCEMENTO, para a veciñanza dos barrios de CASABLANCA, TRAVESÍA DE VIGO e TEIS en Vigo, xunto con CHAPELA en Redondela, ademais de revitalizar economicamente os negocios colindantes a estes espazos ao longo do percorrido.
O obxectivo desta Vía Verde é comunicar cun carril bici e cun paseo peonil e natural, libre de vehículos a motor contaminantes, o centro da cidade de Vigo co extraradio da mesma, neste caso a través das parroquias de Teis e Chapela. Para proporcionar a posibilidade de elección de outros medios de transporte alternativos que a día de hoxe non temos e que convirte o uso da bicicleta na cidade nun “deporte de risco” e que desincentiva o uso da mesma.
A saída da ANDAINA terá lugar ás 11 HORAS dende a porta do CENTRO COMERCIAL TRAVESÍA.
A chegada ao PARQUE DA RIOUXA disporemos dunha parada de VITRASA da LÍNEA C3 (12.17 – 12.47 h, con frecuencias de 30 min.), para regresar de volta ao Centro Comercial Travesía.
Será todo un pracer contar co voso apoio e participación neste andaina reivindicativa dunha infraestrutura que mellorará a habitabilidade de todo o noso Concello.
PRENSA EQUOPIRATAS
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.