Irmandade de doadores de sangue de Vigo e ADROVI agasallar√°n aos doadores

Todas as persoas que acudan a doar ata as unidades móbiles ou ao punto fixo de doazón de Vigo, entre os días 1 e 23 de decembro, entrarán no sorteo de diversos obsequios cedidos por empresarios e particulares da cidade olívica.
Publicado por o d√≠a 01/12/2016 na sección de Vigo

Irmandade de doadores de sangue de Vigo  e ADROVI agasallar√°n aos doadores

¬†A Irmandade de Doadores de Sangue de Vigo e a Asociaci√≥n de Doadores e Receptores de √ďrganos¬†de Vigo (Adrovi) entregar√°n, entre os d√≠as 1 e 23 de decembro, a todas as persoas que acudan a doar sangue ata as unidades m√≥biles e ata o punto fixo de doaz√≥n da Axencia de Doaz√≥n de √ďrganos e Sangue (ADOS) en Vigo, unha rifa para o sorteo de distintos agasallos cedidos por empresarios e particulares da cidade ol√≠vica.

Entre os obsequios aos que poder√°n optar todos os doadores, salientar un bal√≥n de f√ļtbol asinado polos xogadores do Celta Vigo. Deste xeito, Adrovi e a Irmandade de Doadores de Sangue de Vigo queren agradecer a todas as persoas que doan sangue o seu car√°cter xeneroso e solidario. Ademais, esta iniciativa coincide cunha √©poca, como o mes de decembro, especialmente delicada, xa que o incremento das urxencias derivadas dos accidentes de tr√°fico por mor das pontes festivas, motiva o reforzo ao chamamento √° activa participaci√≥n dos doadores e doadoras de sangue.

Elevada participación

ADOS lembra que, no pasado ano 2015, Galicia contabilizou un total de 111.250 doazóns de sangue, cunha taxa de 41 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, superando en cinco puntos a media nacional. Neste punto, lembrar que a cidade de Vigo foi o concello con maior volume de doazóns de Galicia, acadando a cifra de 12.768, o que supuxo unha taxa de 43 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano. Este excelente nivel de participación supuxo que Vigo contabilizase o 11,5% do volume total de doazóns rexistrado na nosa comunidade.

Tanto a Irmandade de Doadores de Sangue de Vigo como Adrovi e a Axencia de Doaz√≥n de √ďrganos e Sangue, queren amosar o seu agradecemento a todos os vigueses e viguesas polo seu car√°cter solidario, as√≠ como animalos a tomar parte nas campa√Īas de doaz√≥n nesta recta final do ano.

Neste sentido, ADOS convida a todos os cidad√°ns e colectivos galegos a participar nas mesmas. Para iso pon a disposici√≥n da cidadan√≠a a¬†s√ļa p√°xina web, ados.sergas.es; o enderezo de correo electr√≥nico, [email protected]; o tel√©fono de informaci√≥n gratu√≠to; 900¬†100 828; e as s√ļas p√°xinas nas redes sociais como xeito de comunicarse con ADOS ou resolver calquera d√ļbida relacionada coa doaz√≥n.