Isaura Abelairas e as axudas sociais a dedo

Publicado por o día 22/03/2016 na sección de ODS Coia,Social

Isaura Abelairas e as axudas sociais a dedo

O 19 de marzo de 2016, Faro de Vigo publicaba unha nova co seguinte titular: “El Concello otorga una ayuda a una madre sin cumplir los requisitos” 1. A nova, moi curta, apenas ten este paragrafo:

“Una madre y su hijo podrán acceder a una vivienda en régimen de alquiler social tras la ayuda de emergencia que han recibido por parte del Concello de Vigo, pese a no cumplir con el requisito de llevar empadronada seis meses en el municipio. La edil de Política Social, Isaura Abelairas agradeció al Instituto de Vivenda y Solo la rapidez a la hora de tramitar la entrega del estudio”.

Na ODS-Coia ficamos moi sorprendidos ao lermos este titular. Cos datos que ofrece a nova, entendemos que Faro de Vigo acusa, sen citala, a Isaura Abelairas de prevaricar ao conceder unha axuda que non se acolle ás esixencias da normativa.

Pero… hai truco! Se nos detemos a ollar o acontecido, decatámonos que a intención do xornal, en realidade, está moi afastada da nosa lectura “intencionada”.

O día anterior, Faro de Vigo 2 e outros medios 3 da cidade recollían a historia de María que chegaba á opinión pública grazas ao apoio da PAH Vigo-Baixo Miño. Esta muller xunto ao seu fillo de 8 anos durmiron varios días na estación de autobuses de Vigo tras ficar sen fogar. Ante a gravidade dos feitos, María acudiu aos servizos sociais do Concello de Vigo na procura de solucións. Así valoraba ela as respostas que lle deron: “as asistentas sociais pecháronme as portas. Negáronme todas as axudas, todo trabas. A súa única intención era quitarme o meu fillo, non buscar solucións”.

Logo disto, María contacta coa PAH Vigo-Baixo Miño. Dende aí as cousas mudan até o punto de que ela e máis o seu cativo moran nunha vivenda pública da Xunta. Froito do acompañamento e da denuncia pública, tamén o departamento de Benestar Social modifica a súa postura inicial e lle concede axudas municipais para “gastos de la fianza, el alquiler y el enganche de luz y agua”. Isaura Abelairas recalca que lle deron a axuda sen cumprir os requisitos, posto que tería que ter 6 meses de padrón en Vigo, e María tan só levaba dous.

As declaracións da concelleira, que ningún medio contrastou, as valoramos como moi graves. É coñecedora das bases das axudas de emerxencia municipais, este ano nomeadas como “Programa Contra Desafiuzamentos e de Emerxencia Social” 4 que na base cuarta poñen:

O programa de prestacións non periódicos diríxense a aquelas persoas e familias que se atopan en situación de emerxencia social e que estean empadroadas no Concello de Vigo cunha antigüidade mínima de seis (6) meses. Poderá excepcionarse xustificadamente este requisito en situacións singulares e urxentes como poden ser as persoas en situación de necesidade extrema, as persoas estranxeiras refuxiadas ou con solicitude de asilo en trámite ou con autorización de estancia por razóns humanitarias así como as persoas acollidas en recursos de aloxamento institucional.

A situación de María é recollida, polo tanto por unhas das excepcións que sinala este apartado. Daquela Isaura Abelairas non prevaricaría.

Pero máis alá disto o que máis carraxe da é o uso das políticas sociais por parte deste goberno. Estas verbas de Isaura explícannos que para eles as axudas sociais son “graciables”, é dicir, nada teñen que ver cos dereitos ou co procedemento administrativo. Por iso ela nun alarde de “humanidade” este goberno concédenlle uns euros ao marxe dunha legalidade da que ninguén fala.

O concello querería retrotraer as políticas sociais, a un funcionamento caciquil, concedendo as axudas coma neste caso con fins publicitarios, non interesa que as persoas que  precisan axudas coñezan e comprendan so seus dereitos o que importa é que a axuda a dea a Concellala ou o alcalde de turno. Pretenden vender a imaxe dunha cidade na que non hai despexos, nin cortes de luz/auga… mentres na periferia sufrimos a dor, a inxustiza de vivir sen termos cubertas as necesidades básicas.

Queren nos despistar para que non sigamos a pista de a que petos van os nosos cartos. Un exemplo: a metade do orzamento neste 2016 da concellería de Política Social vai para Florentino Pérez. CLECE unha das empresas do seu grupo xestionará a metade de todo o orzamento do departamento de Benestar Social. Xestionar a pobreza pode ser un bo negocio, e ao final o que recibimos as persoas necesitadas son migallas envoltas en caridade.

Negocio e asistencialismo fronte a dereitos sociais. Unha loita que debemos afrontar colectivamente, denunciando as inxustizas e sosténdonos as unhas ás outras.

Por isto reclamamos: Renda Básica das iguais e moito máis!

NOTA DE PRENSA ODS COIA

citas:

[1] http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2016/03/19/xunta-amplia-91-plazas-cen…

[2] http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2016/03/18/vigo-concede-ayuda-emergen…

[3] http://www.vigoalminuto.com/2016/03/18/el-concello-concede-una-ayuda-a-l…

[4] https://sede.vigo.org/expedientes/tramites/getarchivo.jsp?id=117&tipo=or...