Ismael Serrano recala no Teatro Afundación de Vigo coa súa nova xira en acústico Todavía

Ofrecerá un concerto o vindeiro venres 31 de xaneiro a partir das 20.30 h
Publicado por o día 23/01/2020 na sección de Cultura,Eventos,Galicia,Vigo

Ismael Serrano recala no Teatro Afundación de Vigo coa súa nova xira en acústico Todavía

O cantautor Ismael Serrano chega á cidade de Vigo para presentar a súa nova xira en acústico Todavía. Ofrecerá un concerto o vindeiro venres 31 de xaneiro, a partir das 20.30 h, no Teatro Afundación de Vigo. As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.

Tras o éxito da xira Hoy es siempre, coa que celebrou os seus 20 anos de carreira colgando o cartel de Sold out en varias ocasións en Madrid, Valencia, Sevilla, Barcelona, Bilbao ou San Sebastián, Ismael Serrano emprende o seu novo proxecto Todavía, unha xira en acústico que leva o nome do seu último disco. Guitarra ao ombreiro, nun formato moi íntimo e cunha moi coidada escenografía, o cantautor percorrerá toda a xeografía nacional presentándose nos teatros máis representativos, entre eles o Teatro Afundación de Vigo.

En palabras de Ismael Serrano, «tras editar Hoy es siempre, un concerto cunha gran banda e cunha gran posta en escena, necesitaba volver á raíz. Nunca tivera a oportunidade de gravar un recital guitarra e voz, a esencia do oficio, a maneira máis honesta de defender as cancións, a máis difícil».

Comentar noticia

Your email address will not be published.