A IV Asemblea Nacional do Colectivo Político Espazo Ecosocialista (ecosocialistas.gal) aposta claramente por EnMarea como embrión dun proxecto da esquerda nacional sustentado na unidade popular local

A 4ª Asemblea Nacional de Espazo Ecosocialista, celebrada hoxe en Compostela, aprobou o seu documento político, así como unha resolución acerca da situación que vive EnMarea.
Publicado por o día 26/03/2017 na sección de Espazo Ecosocialista,Política,Vigo

A IV Asemblea Nacional do Colectivo Político Espazo Ecosocialista (ecosocialistas.gal) aposta claramente por EnMarea como embrión dun proxecto da esquerda nacional sustentado na unidade popular local

Tal como xa determinou na súa anterior asemblea, volveu a ratificar, a súa concepción como “Colectivo de Intervención Política, en formato de Cooperativa Política-Cultural, nunha formula mixta entre think tank (ideas) e un colectivo de activistas cooperativos (acompañamento). Para o primeiro obxectivo (o impulso ao ideario do ecosocialismo e do bencomún) debemos reforzar o papel do Foro OBenComún, para o segundo (o acompañamento e vertebración dos activistas sociais e mareantes de base) a aposta do impulso a Marea Aberta parece neste momento a máis adecuada.

En todo caso debe quedar claro, tal como indica o documenot político, que “o noso proxecto político é a construción dun partido-movemento galego, de carácter plural e de adscrición individual, que a día de hoxe ten a súa máxima expresión en EnMarea e que a nosa existencia só é político-cultural, sen utilizar o noso carácter colectivo para favorecer os intereses particulares dos seus membros na participación nos proxectos común. Nese senso expresa o seu apoio aos movementos democratizadores de EnMarea expresados últimamente e en particular o chamamento por unha Marea Aberta.”

Ademais a asemblea aprobou unha resolución política a respecto do momento que vive EnMarea. Segundo as ecosocialistas “hoxe existe unha situación de bloqueo froito, en parte, da incapacidade dos membros do Consello das Mareas de chegar a entendementos que reflictan a pluralidade saída das eleccións ao dito órgano de dirección política. Para Espazo Ecosocialista faise necesario e urxente a elección da Coordinadora de EnMarea baixo os criterios de “proporcionalidade, paridade e non remuneración” aprobados polo plenario de EnMarea do pasado 17 de decembro.”

Espazo Ecosocialista considera que a consolidación do proxecto para tamén por aclarar canto antes a(s) portavocia(s) en base a persoas que representen o proxecto común de xeito inequivoco e non intereses de parte. Diante das diferenzas que a este respecto se manteñen entre os 35 membros do Consello das Mareas e dada a importancia non menor do tema, Espazo Ecosocialista considera necesario recoller o espírito dos acordos fundacionais da asemblea de Vigo e trasladar este tema á base de EnMarea. Tal como se recolle nos documentos fundacionais de EnMareas os temas de carácter estratéxico e a elección de órganos e representantes debe someterse a consulta xeral das bases. Por iso Espazo Ecosocialista propón que, atendendo ao principio de radicalidade democrática, sexan as persoas adheridas a EnMarea as que en sufraxio universal elixan de entre os 35 membros do Consello das Mareas á portavocia ou portavocias de EnMarea.