IV edición do Premio Olga Gallego de Investigación en Arquivos (2021)

Publicado por o día 21/08/2020 na sección de Cultura,Social

IV edición do Premio Olga Gallego de Investigación en Arquivos (2021)

O Padroado da Fundación Olga Gallego, do que forma parte Bamad, convoca a IV edición do premio que leva o nome da arquiveira ourensá, dotado con 2.000€ e a publicación electrónica no sitio web da Fundación do traballo gañador e, de ser o caso, daquel ou daqueles que obteñan unha mención honorífica.

Este premio ten por obxecto destacar, impulsar e difundir traballos sobre investigación en Arquivos. Os traballos consistirán en achegas teóricas sobre: tratamento arquivístico (identificación, valoración, organización, descrición), custodia, acceso, difusión e historia da Arquivística, dos arquiveiros, das arquiveiras e dos arquivos, e constarán de: obxectivos, metodoloxía empregada, desenvolvemento e conclusións; bibliografía e fontes documentais consultadas (se é o caso), así como do aparello crítico correspondente. Poden recoller gráficos ou ilustracións.

Os traballos poderanse presentar ata o 31 de xaneiro de 2021. O fallo terá lugar o día 8 de marzo dese mesmo ano.

Convocatoria e bases.

Comentar noticia

Your email address will not be published.