Este venres, día 14 de xullo, comezará o IV Festival de Música e Danza Tradicional Aturuxos ao Son da Ría, un certame que se prolongará ata o vindeiro domingo, día 16 de xullo. O proxecto ten como misión principal promover a tradición galega dentro do noso pobo, ofrecendo así as diferentes músicas e bailes das diversas agrupacións participantes. Á súa vez, tamén pretende ofrecerlles ás mesmas unha oportunidade para que mostren o seu talento e a súa calidade ante toda a veciñanza, visitantes ou turistas.
O festival, que xa é un clásico dentro da oferta cultural do concello, encherá de movemento, música e bo ambiente as rúas de Cangas. De feito, unha das ideas principais é a de dinamizar o centro da vila con diferentes roteiros polas prazas (Praza da Constitución, Praza da Palma e Praza das Pontes).
Lembranzas da Ría, Soavela, Pais de San Roque, Ximalveira e Peis D’Hos son as agrupacións organizadoras e participantes que contan coa colaboración da Concellaría de Cultura.
A programación será a seguinte:
– Venres 14 de xullo:
21:00 horas: Actuación do Grupo Lembranzas da Ría na Praza da Palma e do Grupo Ximalveira na Praza da Constitución.
21:30 horas: Segunda actuación do Grupo Lembranzas da Ría, tras un previo pasarrúas pola Rúa Méndez Núñez, cara a Praza das Pontes e do Grupo Ximalveira, tras percorrer a Rúa Eugenio Sequeiros cara a Praza da Palma para realizar a súa segunda actuación.
– Sábado 15 de xullo:
21:30 horas: Actuación do Grupo de Danzas Pais de San Roque na Praza das Pontes e do Grupo Soavela na Praza da Palma e do Grupo Peis d´hos na Praza da Constitución.
22:00 horas: Actuación do Grupo Pais de San Roque na Praza da Palma, tras previo pasarrúas pola Rúa Méndez Núñez; segunda actuación do Grupo Soavela na Praza da Constitución, tras o desfile percorrendo a Rúa Eugenio Sequeiros; e segunda actuación do Grupo Peis d´hos na Praza da Palma , tras pasarrúas polos Xardíns do Sinal.
– Domingo 16 de xullo:
Actuacións a partires das 20:00 h:
Escolas de danza e música tradicional de Grupo Lembranzas da Ría, Grupo Ximalveira, Grupo de Danzas Pais de San Roque, Grupo soavela, Grupo Peis d´hos.
Desfile a partires das 19:45 dende o Concello a Praza das Pontes e actuación dos cinco grupos
Pasarrúas en dirección a Praza da Palma das escolas Ximalveira, Soavela e Peis d’hos a través de Méndez Núñez e actuación na devandita praza.
Pasarrúas en dirección a Praza da Constitución das escolas Lembranzas da Ría e Pais de San Roque percorrendo a rúa Eugenio Sequeiros e actuación na devandita praza
Noticias de última hora en Vigo