Iván Ferreiro e a súa banda presentan o seu tour «Casa» no Teatro Afundación de Vigo

Ofrecerán un concerto mañá xoves 31 de outubro a partir das 21.00 h
Publicado por o día 30/10/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Iván Ferreiro e a súa banda presentan o seu tour «Casa» no Teatro Afundación de Vigo

O Teatro Afundación de Vigo albergará mañá xoves 31 de outubro, a partir das 21.00 h, un concerto a cargo de Iván Ferreiro xunto á súa banda incluído na súa xira «Casa». As entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com.

En propias palabras de Iván Ferreiro, «despois de vinte e sete anos de carreira creo que por fin cheguei ao lugar co que soñaba cando era un adolescente. Teño a banda perfecta con músicos excepcionais que conseguen que as miñas cancións, que tamén son vosas, cheguen ao máis alto. Esta xira contén o que para min é o meu mellor repertorio elevado ao seu máximo expoñente de interpretación, emoción e amizade. Estivemos virando dous anos e este tramo final vai ser o mellor de todos. Unha banda rodada que permite que as cancións flúan e onde todos damos o mellor de nós mesmos. Convídovos a que entredes. Benvidos a casa».

Comentar noticia

Your email address will not be published.