Iván Pena representará a Galicia no mundial de China de SUP

Publicado por o día 14/10/2019 na sección de Deportes,Piragüismo

Iván Pena representará a Galicia no mundial de China de SUP

O deportista das Pontes Iván Pena pertencente ao Club Náutico Folixa, será un dos representantes españois no campionato do mundo de SUP, organizado pola Federación Internacional de Piragüismo, que se vai a celebrar a entre os días 24 e 27 de outubro na cidade chinesa de Quingdao.
 
Iván Pena recibiu na mañá de onte o equipamento da Federación Galega de Piragüismo de mans de José Alfredo Bea García, presidente do ente federativo.
 
A competición contará con participantes de 40 países entre os que estarán na liña de saída importantes nomes da canoa como son o campión olímpico en C1 1000 metros Sebastian Brendel e o húngaro Marton Kover especialista na distancia de maratón. A importancia do evento demóstrase cos 50.000 dólares en premios que se reparten.
 
Esta cita chega dous meses antes de que o tribunal de Lausana resolva o litixio entre a federación de Surf e Piragüismo sobre cal das dúas será a que teña como súa esta especialidade. Nestes termos hai que destacar o papel da Federación Galega de Piragüismo que leva defendendo esta modalidade deportiva como súa desde hai uns anos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.