IVI Vigo organiza a I xornada sobre enfermidades raras e reprodución asistida

Por o 08/11/2018 | Sección: Eventos,Galicia,Vigo
IVI Vigo organiza a I xornada sobre enfermidades raras e reprodución asistida
De novo, IVI Vigo convértese en centro de referencia da información científica e sanitaria ao organizar a I Xornada sobre Enfermidades Raras e Reprodución Asistida, que o vindeiro venres 9 de novembro, reunirá a máis dun centenar de especialistas e profesionais do sector, tanto público como privado.
 
A xornada tamén contará coa presenza de asociacións de Enfermidades Raras. FEDER, ADICAM (Asociación Diagnosticadas Cancro de Mama), ASEM (Asociación contra as enfermidades Neuromusculares) e a Asociación Galega de Fibrose Quística confirmaron a súa asistencia.
 
Esta xornada, dirixida a biólogos, especialistas en Medicina da Reprodución, xenetistas, gineco- obstetras, médicos e asociacións, está coordinada polo Dr. Elkin Muñoz, director de IVI Vigo e IVI A Coruña, e por Teresa López Vidal, psicóloga e subdirectora de ambos os centros.
 
Nesta primeira convocatoria, os diversos relatorios centraranse en enumerar xeneralidades sobre enfermidades raras, como a que realizará o Dr. Antonio Pérez Aytés, de IVI Valencia; profundarán no cancro de mama hereditario e a fibrose quística, como o farán a Dra. María José Lamas, do Complexo Hospitalario de Vigo ( CHUVI), e a Dra. Diana Valverde da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo, respectivamente.
 
A prevención na transmisión de enfermidades raras co Diagnóstico Xenético Preimplantacional ( DGP) será un dos eixos sobre o que tratará o relatorio do Dr. Xullo Martín de Igenomix, mentres que a Dra Eva Esteban, da Fundación Pública Galega de medicina Xenómica, profundará sobre a Síndrome X Fráxil, e o Dr. José Ramón Lorenzo, de POVISA, abordará as distrofias musculares. O asesoramento xenético será a cargo do Dr. Josep Plá, do Grupo IVI.
 
Esperamos que esta información sexa do teu interese. Se desexas asistir ao encontro, necesitas máis información ou queres xestionar unha entrevista, non dubides en poñerche en contacto connosco.

XORNADA SOBRE ENFERMIDADES RARAS E REPRODUCIÓN ASISTIDA

 
DÍA: Venres, 9 de novembro de 2018
 
HORA: 15:45 – 21:00 h.
 
LUGAR: Hotel NH Palacio de Vigo. Avenida García Barbón, 17-19, Vigo.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.