O candidato de Cs á alcaldía de Vigo, Javier Alonso, percorreu este sábado as rúas de Teis e estivo escoitando aos veciños e comerciantes as propostas para o desenvolvemento deste barrio.
Propostas como a das Zonas Urbanas de Comercio para potenciar a calidade do servizo a través de iniciativas como a de imaxe de marca e asesoramento en redes dixitais ou o Big Data.
Así mesmo, comprobou o gran número de vehículos que aínda deben transitar por Sanjurjo Badía, a pesar de eliminar o tránsito de transporte pesado.
Neste sentido, quixo aclarar que é moi necesario completar a ligazón de Buenos Aires para dar servizo non só a eses transportes pesados, senón tamén aos vehículos que na actualidade acceden ao centro a través de Sanjurjo Badía.
“Unha rúa que ten que deixar de ser de tránsito de vehículos pesados e pasar a ser un barrio onde os veciños poidan vivir e realizar as súas compras”, finalizou o candidato.
Noticias de última hora en Vigo