Jessica García e Brais Ferreiro, novos responsábeis de Galiza Nova na comarca de Vigo

Publicado por o día 13/09/2015 na sección de BNG,Política

Jessica García e Brais Ferreiro, novos responsábeis de  Galiza Nova na comarca de Vigo

A organización xuvenil do BNG centrará a súa actividade en achegar a mocidade ao proxecto nacionalista.

A organización xuvenil do BNG ten novos referentes na Comarca de Vigo. Unha Asemblea Aberta celebrada este sábado elixiu por unanimidade a Jessica García, militante de Redondela e Brais Ferreiro militante de Chapela como Responsábel Comarcal e Responsábel de Organización, respectivamente. Serán os dous principais dirixentes de Galiza Nova na bisbarra viguesa.

Jessica García releva a Adrián R. Bravo, logo de catro anos á fronte da organización comarcal e que centrará de aquí en diante a súa actividade na Dirección Nacional de Galiza Nova.

A nova Responsábel Comarcal de Galiza Nova declarouse ilusionada ante o reto, agradeceu o apoio da militancia. García comprometeuse a “traballar forte nestes tempos complicados”, apuntando que a Asemblea de Galiza Nova Vigo centrará o seu traballo en “achegar propostas concretas aos principais problemas da mocidade galega, e a aproximar á mocidade o proxecto do nacionalismo”.

“O BNG é a alternativa na que cremos e á que queremos chamar a mozas e mozos para construír un País con futuro e traballo, no que non nos condenen á emigración e a precariedade” explican. Ante esta situación, Jessica García chama á mocidade galega a se rebelar contra a entendendo que “só tomando partido é posíbel revertela”.

PRENSA BNG VIGO