Jonathan Barreiro do Real Madrid de baloncesto, inaugura o Campus de Verás do C. B. Seis do Nadal-Coia

Publicado por o día 29/06/2015 na sección de Baloncesto,Deportes

Jonathan Barreiro do Real Madrid de baloncesto, inaugura o Campus de Verás do C. B. Seis do Nadal-Coia

Jonathan Barreiro, xogador galego nado na vila de Cerceda (A Coruña) e actualmente xogador do equipo júnior do Real Madrid, visitou no primeiro das xornadas a tódolos nenos e nenas participantes no Campus de Verán 2015 “Xornadas de Tecnificación” que organiza o clubClub Baloncesto Seis do Nadal – Coia.

Os nenos e nenas inscritos no Campus de Verán 2015 tiveron a oportunidade de poder compartir unha mañá con Jonatahan Barreiro, un dos xogadores de categoría júnior con maior proxección da canteira do Real Madrid Baloncesto. Jonathan Barreiro contoulles a tódolos participantes a súa experiencia desde que comezou a xogar ao baloncesto ata a presente tempada 2014/2015 na que, como xogador júnior, debutou co primeiro equipo do Real Madrid de Baloncesto na Euroliga e na Liga Endesa.

Coa gran visita de Jonathan Barreiro inaugurábase a primeira das semanas do 14º Campus de Verán 2015 “Xornadas de Tecnificación”que organiza o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia con máis de medio centenar de xogadores e xogadoras e que se desenvolverá tódalas mañás ata o venres nas pistas do Colexio Seis do Nadal.

PRENSA AREA DEPORTIVA BALONCESTO SEIS DO NADAL – COIA