Jorge Canda conxélase o soldo e afronta un novo mandato compartindo a xestión municipal con David Carrera, Daniel Vidal e Jorge Méndez

O equipo de goberno municipal non contará inicialmente con ningunha outra dedicación exclusiva total ou parcial fóra da do alcalde
Publicado por o día 24/06/2019 na sección de Galicia

Jorge Canda conxélase o soldo e afronta un novo mandato compartindo a xestión municipal con David Carrera, Daniel Vidal e Jorge Méndez
O Pleno de organización celebrado pola Corporación Municipal do Concello da Lama mostrou o novo modelo de xestión que poñerá en marcha o alcalde Jorge Canda Martínez no que resalta o feito de que serán tenentes de alcalde David Carrera, Jorge Méndez e José Fortes. O inicio do mandato consolídase cunha única dedicación exclusiva, a do rexedor, que conxelará o seu soldo e manterao en 39.999,96 euros.
 
Por outra banda e como novidade, o alcalde realizará varias delegacións de competencias conferidas a David Carrera (Muller, Igualdade e Asuntos Sociais), Jorge Mendez (Medio Rural) e Daniel Vidal (Cultura e Deportes).
 
Tamén se decidiu convocar plenos ordinarios con peridiocidad bimensual todos os últimos luns dos meses impares ás 14 horas mentres que as comisións informativas e de contas estarán compostas por 4 representantes do PP, 1 do PSdeG-PSOE, 1 de Cidadáns e 1 do BNG.
 
O representante municipal no Consello Escolar do CEIP da Lama será Daniel Vidal.
 

INDEMNIZACIÓNS POR ASISTENCIA A ÓRGANOS COLEXIADOS E TOMA DE POSESIÓN DE JOSÉ FORTES

 
No capítulo de asignacións por asistencia a plenos, os concelleiros sen dedicación exclusiva recibirán 70 euros do mesmo xeito que a calquera comisión informativa de contas. Así mesmo, tras aprobarse a acta do pleno anterior tomou posesión da súa acta como concelleira José Fortes que na sesión constitutiva non puido acudirse por impedimentos de carácter persoal. Despois de tomar xuramento incorporouse ao Grupo Municipal do Partido Popular.

Comentar noticia

Your email address will not be published.