Jorge Cebreiros anuncia a súa candidatura á reelección como Presidente da CEP

Publicado por o día 14/01/2019 na sección de Empresas,Galicia,Pontevedra,Vigo

Jorge Cebreiros anuncia a súa candidatura á reelección como Presidente da  CEP

O Presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), Jorge Cebreiros Arce, anunciou esta tarde á Comisión Permanente a súa intención de presentarse á reelección nas eleccións que se celebrarán a finais do mes que vén.

Na reunión de hoxe aprobouse o censo da Asemblea Xeral da CEP e ratificouse o calendario de eleccións. A xornada electoral desenvolverase ao longo da xornada do martes 26 de febreiro, de acordo aos novos estatutos.