Josué Villar Ballesteros dimite dos cargos orgánicos e institucionais en EU e CABE

Publicado por o día 08/09/2017 na sección de Galicia,Gondomar Concello Aberto,Política

Josué Villar Ballesteros dimite dos cargos orgánicos e institucionais en EU e CABE

Josué Villar na noite de onte madaba un comunicado a seus compañeiros comunicado a sua decisión de dimitir dos seus cargos orgánicos e institucionais en EU e CABE.

Hoxe presentei por rexistro electrónico a miña dimisión oficial como concelleiro de Gondomar Concello Aberto, e nos vindeiros días fareino como coordinador local de Esquerda Unida Gondomar, di Josué no seu comunicado.

Durante uns meses a miña situación persoal será incompatible co nivel de compromiso e traballo que mantiven ata agora en CABE, Esquerda Unida e En Marea, especialmente coa asistencia regular aos plenos da corporación de Gondomar e ás asembleas orgánicas, alega o político.

Tendo en conta esta nova situación, considero que o máis responsable pola miña banda é deixar paso a outras persoas que podan asumir as miñas responsabilidades e seguir traballando como militante de base, engade.

E finaliza o seu comunicado dando as grazas a todos e todas.