Juan Carlos Ortega presenta o seu novo espectáculo de humor, Relatividad general, en Afundación

Estará mañá venres 28 de febreiro na Sede Afundación da Coruña e o sábado 29 de febreiro no Teatro Afundación de Vigo
Publicado por o día 27/02/2020 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Juan Carlos Ortega presenta o seu novo espectáculo de humor, Relatividad general, en Afundación

Afundación, a Obra Social de ABANCA, albergará a representación de Relatividad general, o novo espectáculo de humor de Juan Carlos Ortega. Estará mañá venres 28 de febreiro na Sede Afundación da Coruña e o sábado día 29 no Teatro Afundación de Vigo. As últimas entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com.

Juan Carlos Ortega é un creador atmosférico e curioso, que veu ao mundo da radio para quedar. Neste espectáculo fai un repaso sobre 14 tipos de sentimentos, abórdaos, úsaos e explóraos co seu peculiar sentido do humor.

Barcelonés de 48 anos, Ortega sabe que é raro e explótao elaborando un humor que non se parece ao de ninguén. Cun oído prodixioso para a fala e os seus lugares comúns, elabora unhas historietas que mesturan o cotián co extraordinario provocando un efecto hilarante. O seu humor é herdeiro do daqueles cómicos que convocaban ao redor da radio a toda a familia. A ironía orteguiana, tan fácil de gozar como sofisticada na súa elaboración, é unha xema no país do exabrupto.

Comentar noticia

Your email address will not be published.