Juan Carlos Quer pai de Diana Quer alborota Twitter

Por o 17/01/2019 | Sección: Internet
Juan Carlos Quer pai de Diana Quer alborota Twitter
Juan Carlos Quer, pai de Diana Quer, manifestouse este pasado mércores na súa conta de twitter onde denunciaba ao movemento feminista, denunciábao porque salia ás rúas en resposta ás políticas de VOX xa que venia a dicir que non se mobilizou no caso da súa filla, a cal apareceu morta no 2017 nunha fosa dunha nave abandonada de Rianxo.
 

O texto do twit

 
“El movimiento feminista se moviliza en España para defender los derechos de la mujer. Me pregunto dónde estaban las feministas cuando apareció el cadáver de mi hija Diana Quer, tras ser violada y asesinada. Buscan vengaza, como me dijo a mi Pablo Iglesias ??. Coherencia cero.”

 

Manifestacións

Mentres que en Vigo centos de persoas déronse concentración diante das escaleiras do M.A.R.C.O. na convocatoria estatal por mais de 200 organizacións feministas do estado baixo o slogan #NiUnPasoAtrás, as concentraciónes en todo o país gritaban ‘Feminismo contra fascismo’, Baixo o lema “O noso dereitos non se negocian. Nin un paso atrás en igualdade”, a convocatoria, apoiada por decenas de colectivos, quixo alzar a voz ante a “ameaza” que supón a ultradereita para a igualdade de xénero. En Galicia, as concentracións estendéronse pola Coruña (Obelisco), Ferrol (Praza da Constitución), Santiago ( Praza 8 de Marzo), Ribeira (Concello), Sarria (Praza da Constitución) e Monforte (Praza de España).
 
Esta concentración tivo lugar ás 19horas do mércores, a concentración estendeuse por toda a rúa peonil dando a volta á porta do sol, Policarpo Sanz e subindo a rúa Colón ata volver ao museo de arte contemporánea MARCO, as protestas coinciden co debate de investidura do candidato do Partido Popular- e próximo presidente da Junta de Andalucía- Juan Manuel Moreno, cuxo partido asinou un acordo con representantes de ultradereita para derrogar as leis andaluzas contra a violencia de xénero.
 
Entre os presentes atopábanse a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o delegado da Zona Franca en Vigo e secretario xeral dos socialistas da provincia, David Regades, ademais de concelleiras como Margarida L. Barreiro, de Marea de Vigo.
Concentración en Vigo o 16 de Xaneiro de 2019
 

Volvendo a Juan Carlos Quer

 
Tras escribir ese twit o pai de Diana os tuiteros ata o xornalista do diario LA MAREA e interlocutor das canles de Telecinco e laSexta Antonio Maestre lembroulle que toda España botouse á rúa para pedir xustiza por Diana.
 
Textos como unha usuaria das redes sociais María Mariscal o cal lembralle; “Na rúa estabamos, señor Quer. Mentres tanto miles de machirulos, e outras tantas alienadas, criticaban que se a nena ía vestida provocativa, que se onde ía tan tarde, que se que facía a soa… Os movementos, colectivos e asociacións feministas estabamos na rúa, con centenares de mulleres e homes acompañándonos e pedindo xustiza para a súa filla. En Pontevedra, concretamente, baixo un ballón bastante intenso.”
Concentración en Pontevedra pedindo xustiza por Diana Quer ante o seu asasinato a mans do Chicle.

Captura do Tuit

Comentar noticia

Your email address will not be published.