Juan Díaz Villoslada: “A Xunta reduce á metade os contratos por procedemento aberto”

Por o 15/02/2019 | Sección: Política,PSOE
Juan Díaz Villoslada: “A Xunta reduce á metade os contratos por procedemento aberto”

O responsable da Área Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, alertou da drástica redución no número de contratos da Xunta utilizando o procedemento aberto. Díaz Villoslada presentou unha pregunta oral na Comisión de Economía celebrada hoxe na que advertiu que a licitación por estes procedementos reduciuse nun 50 por cento, dende os 800 aos 450 millóns, entre 2016 e 2017, os últimos coñecidos.

Ademais, advertiu do elevado uso dos contratos “menores” por parte do goberno galego, que supoñen un 60 por cento da licitación total rexistrada en 2017, e que ademais aumentaron dende os 868 ata os 925 millóns entre 2016 e 2017. Sinalou a contradición do goberno galego, que utilzia este mecanismo mentres “está permanentemente criticando o seu uso nas administracións locais”.

Esta situación deriva da decisión do goberno galego de ampliar límite mínimo autoesixido para a adxudicación directa deste tipo de contratos. Entre 2013 e 2017, duplicou o límite de 9.000 euros para contratos de servizos e subministracións e de 25.000 por obras, que pasou a 18.000 e 50.000, respectivamente.

Díaz Villoslada criticou ademais o retraso do goberno galego, que ata hoxe non publicou na web de transparencia os importes destes contratos correspondentes a 2017, coincidindo precisamente co debate da pregunta presentada polos socialistas en Comisión. Explicou que de acordo coa Lei de Transparencia a estas alturas deberan ser coñecidos xa os datos de contratación correspondentes ao ano 2018.

Comentar noticia

Your email address will not be published.