Juan Merlo amosa o seu pesar pola morte dun mariñeiro en Baiona e traslada as condolencias e solidariedade

Merlo agarda polo esforzo colectivo de todos os grupos da cámara para que non se repitan este tipo de traxedias e o colectivo do mar traballe nas mellores condicións de seguridade.
Publicado por o día 19/04/2017 na sección de Baiona,En Marea,Galicia,Política,Vigo

Juan Merlo amosa o seu pesar pola morte dun mariñeiro en Baiona e traslada as condolencias e solidariedade

Juan Merlo, como secretario da Comisión de Pesca do Parlamento galego e deputado do G.P En Marea, quer facer público o pesar do seu grupo pola morte dun mariñeiro de 54 anos ocorrida hoxe en Baiona ao caer da súa embarcación.

Merlo, como membro da Comisión de Pesca, quer trasladar toda a solidariedade e apoio aos familiares e amigos do falecido, así como a todos os compañeiros e compañeiras do sector, que día a día sofren a dureza e o risco do seu traballo.

O parlamentar confía en que o esforzo colectivo dos diferentes grupos da Cámara contribúa a que pouco a pouco as medidas de seguridade no mar sexan cada vez maiores e mellores, así como que se corrixan outro tipo de aspectos fundamentais para estes traballadores, como a revisión dos coeficientes reductores á hora de definir as idades de xubilación.