Juan Merlo denuncia no Parlamento o Proxecto de Privatización da Lonxa de Vigo

O SOA de Podemos Galicia e deputado do GP En Marea asegura que o alto volumen de perdas co que xustifica López Veiga o proxecto ten a ver coa mala xestión do ex conselleiro como presidente da Autoridade Portuaria non coa necesidade de optar por un modelo privatizado.
Publicado por o día 28/09/2017 na sección de Galicia,Podemos,Política,Vigo

Juan Merlo denuncia no Parlamento o Proxecto de Privatización da Lonxa de Vigo

O Secretario de Organización de Podemos Galicia e deputado no GP En Marea, Juan Merlo denunciou hoxe no Parlamento a posible privatización da lonxa de Vigo prantexada recientemente polo presidente da Autoridade Portuaria desta cidade, o ex conselleiro de Pesca do PP, Henrique López Veiga.

Merlo, durante a defensa na Comisión de Pesca dunha pregunta ao goberno neste sentido, advertiu do malestar que produciu nas asociacións do sector esta iniciativa e lembrou que se estaba a falar dunha das lonxas con maior volumen de negocio, “supera os 100 millóns de euros anuais, o que fai dela unha das máis importantes a nivel europeo”.

O deputado explicou que no só non se debe privatizar a lonxa senón que se deben de implementar políticas de mellora que melloren a cadea comercializadora dos seus productos, “pois é clave para o seu futuro e para garantir o seu nivel de competitividade”.

Nefasta xestión

Sobre os argumentos esgrimidos por López Veiga para defender a privatización, Merlo asegurou que non teñen a ver co alto volumen de perdas, senón co resultado da nefasta xesión do ex conselleiro ao cargo da Autoridade Portuaria.

“Se ata a chegada do señor López Veiga –dixo- foi competitiva, por qué non agora?

Querer circunscribir a un conflito público-privado os resultados da lonxa non é máis que a estratexia do goberno de Feijóo á que xa estamos afeitos, introducir a idea de que hai unha xestión incorrecta para xerar a necesidade e xustificar a posterior privatización, de xeito interesado, como xa vimos en educación ou sanidade”.

Para o parlamentar, os argumentos do goberno non se sosteñen, “pero non porque o digamos nós” senón porque o propio Comité de Empresa da Autoridade Portuaria, explicou, fixeron público un comunicado no que achacan as supostas perdas da lonxa a cuestións relacionadas con traballos de mantenemento que López Veiga externalizou, así como a vixianza, cando hai Policía Portuaria e profesional de limpeza propio capacitado para esas función; “mais alá foron cerca de 1,5 millóns de euros anuais”, concluiu Merlo, insistinto en que son datos do propio Comité de Empresa.

Malia estes datos e esta realidade, o Partido Popular respostou ao secretario xeral de Podemos que a valoración da xestión de López Veiga na Autoridade Portuaria non se pode considerar “necesariamente negativa”.