Juan Merlo: “O partido popular segue apostando polo desmantelamento dá industria, a deslocalización e os polígonos baleiros”

Publicado por o día 17/11/2017 na sección de Galicia,Podemos,Política

Juan Merlo: “O partido popular segue apostando polo desmantelamento dá industria, a deslocalización e os polígonos baleiros”

O secretario de organización de Podemos Galicia e membro da comisión de industria no grupo de En Marea no parlamento galego, Juan Merlo, referiuse esta mañá ao aprazamento ata 2027 da inclusión de Galicia na rede ferroviaria europea de mercadorías. Para Juan Merlo, esta é unha nova proba de que “O partido popular segue apostando polo desmantelamento dá industria, a deslocalización e os polígonos baleiros”.

O secretario de Organización de Podemos Galicia sinalou que “non é posible fixar investimentos reais ao redor dos sectores produtivos primarios, os sectores de transformación ou ter unha aposta real polo noso rural cando non hai unha rede de infraestruturas internas e négasenos a conexión á rede Europea”.

Para o parlamentario autonómico “Aprazar a 2027 a inclusión na rede ferroviaria de mercancias profundiza na sangría da deslocalización coa complicidade do señor Conde e a súa consellería e déixanos fóra da próxima revolución industrial, a chamada revolución 4.0”

Juan Merlo tamén sinalou que “temos miles de quilómetros de chan industrial ocioso, que non serve para nada. Temos aí o exemplo da Plisan, promesas electorais, negocios urbanísticos para os amigos co de todos… pero logo non hai conexións nin infraestruturas, e por tanto non hai emprego”.

Por último quixo destacar que “Somos un país rico nos sectores primarios, somos o 43% dá pesca do estado , temos gandeiría, agricultura, recursos naturais, pero non hai vontade politica para que Galicia se desenvolva, e crear as infraestruturas que nos fagan competitivos non so internamente, ou no resto do estado, senón tamén a nivel europeo”.