O Júnior Feminino do C. B. Seis do Nadal – Coia consegue o ascenso a 1ª div. a falta dunha xornada

Publicado por o día 16/05/2016 na sección de Baloncesto,Deportes

O Júnior Feminino do C. B. Seis do Nadal – Coia consegue o ascenso a 1ª div. a falta dunha xornada

O conxunto Júnior Feminino de Segunda División do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia conseguiu o Ascenso a Primeira División a falta dunha xornada do Grupo Sur daFase de Ascenso da Liga 2ª División Júnior Feminina.

O equipo adestrado por Andrés Álvarez rematou na segunda posición do Grupo “C” Vigo-Ourense da Liga 2ª División Júnior Feminina cun balance de once vitorias e catro derrotas, posición que lle garantizaba unha praza na Fase de Ascenso a Primeira División.

No Grupo Sur da Fase de Ascenso compiten con Airexa Baiona (Nigrán), Arxil (Pontevedra) e Xuven (Cambados), e a falta dunha xornada o Seis do Nadal – Coia xa ten conseguido o ascenso á Primeira División para a próxima tempada.

PRENSA ÁREA DEPORTIVA C.B. SEIS DO NADAL-COIA