O júnior feminino do C. B. Seis do Nadal – Coia consegue o ascenso á Liga 1ª División

Por o 09/10/2017 | Sección: Baloncesto,Deportes,Galicia,Vigo
O júnior feminino do C. B. Seis do Nadal – Coia consegue o ascenso á Liga 1ª División

O Júnior Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, dirixido por Francisco Javier García, conseguiu esta pasada fin de semana a clasificación para a Liga Primeira División Júnior Feminina da presente tempada 2017/2018.

O conxunto do Seis do Nadal – Coia xogou a Fase Previa de Clasificación no Grupo “B” xunto a Salesianos Vigo e Pontumio Panadería Puente (Pontedeume) conseguindo o primeiro posto do grupo e a clasificación para disputar o cruce da Fase Final.

Na Fase Final disputada en Santiago de Compostela o noso equipo enfrontouse, no seu cruce de clasificación, ao Xuven (Cambados) impoñéndose ao final do encontro cun 44 a 41 e conseguindo así a praza na Primeira División.

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia estará presente nesta tempada 2017/2018, despois dos últimos ascensos conseguidos nas Fases Previas, en dez Primeiras Divisións Autonómicas: minibásquet masculina e feminina, preinfantil masculina e feminina, infantil masculina e feminina, júnior masculina e feminina, e sénior masculina e feminina.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.