Júnior masculino A do C.B. Seis do Nadal Coia proclamaouse campión da Liga 2ª división e consiguiu o ascenso

Publicado por o día 05/06/2017 na sección de Baloncesto,Deportes,Vigo

Júnior masculino A do C.B. Seis do Nadal Coia proclamaouse campión da Liga 2ª división e consiguiu o ascenso

O equipo Júnior Masculino “A” do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, adestrado e dirixido por Fernando María Pérez e Andrés Araya, proclamouse campión da Liga 2ª División Júnior Maculina da presente tempada 2016/17 conseguindo o ascenso á Liga 1ª División Júnior Masculina da próxima tempada 2017/18.

O noso conxunto rematou na primeira posición do Grupo Sur da Fase de Ascenso á Liga Primeira División, posición que lle outorgaba unha praza na final e que lle aseguraba o ascenso á Primeira División Júnior Masculina. A final da Liga 2ª División Júnior Masculina disputouse ante o primeiro dos clasificados do Grupo Norte da Fase de Ascenso, o Compañia de María de Santiago de Compostela. O noso equipo superou ao conxunto santiagués cun 47-50.