Kilos de solidariedade dos comerciantes da Praza de Abastos de Ponte Caldelas

Os produtos foron entregados a familias vulnerables con fillos do municipio
Publicado por o día 23/12/2020 na sección de Galicia,Ponte Caldelas

Kilos de solidariedade dos comerciantes da Praza de Abastos de Ponte Caldelas

Os comerciantes da Praza de Abastos de Ponte Caldelas fixeron entrega dunha importante donación de produtos frescos para repartir, a través dos Servizos Sociais Municipais, entre as familias vulnerables de Ponte Caldelas que teñen nenos pequenos.

Os comerciantes iniciaron a mediados de novembro unha campaña solidaria coa instalación de urnas para que os clientes do Mercado puidesen deixar os seus donativos para axudar a familias de Ponte Caldelas. O recaudado complementouse con unha importante aportación de cada un dos praceiros.

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e o concelleiro Pepe Garrido recolleron onte os produtos e repartíronos pola tarde entre as familias seleccionadas previamente polo departamento de Servizos Sociais. “Quero agradecer, en nome de todos os veciños de Ponte Caldelas, ós comercios da Praza de Abastos esta fermosa iniciativa que demostra que vale a pena mercar en Ponte Caldelas”, indicou Andrés Díaz.

Os comerciantes de Frutería Mila Piñeiro, Pescadería Silmar, Carnicería Cándido e Carnicería Jesús Muíños donaron 18 coliflores, 12 piñas 17 kg de plátanos, 17 kg de laranxas, 10 kg de mazás, 12 kg de dorada, 12 kg de lubina e 18 kg de carne (tenreira, polo, porco e chourizos).

Comentar noticia

Your email address will not be published.