O Kiosco Lola de Vigo inicia unha campaña baixo o titulo “NINGÚN NIÑ@ SIN LÁPICES”

Un ano máis, un curso novo, moitos nenos e nenas sen material escolar para empezar o novo curso, por iso un ano mais o Kiosco de Lola pide a vosa axudA
Publicado por o día 17/08/2017 na sección de Galicia,Social,Vigo

O Kiosco Lola de Vigo inicia unha campaña baixo o titulo “NINGÚN NIÑ@ SIN LÁPICES”

Un ano máis, un curso novo, moitos nenos e nenas sen material escolar para empezar o novo curso, por iso un ano mais o Kiosco de Lola pide a vosa axuda.

O Kiosco Lola atópase na Rúa Ramón Valle Inclán número 12, é un Kiosco coñecido en toda a cidade de Vigo, coñecido pola súa solidariedade cara ás persoas que non teñen recursos.

Lola a súa propietaria di que se queres colaborar e queres achegar o teu granito de area podes deixar a túa doazón no seu quiosco nos horarios de luns a domingo de 9:00h a 15:00, o inicio da recollida de doazóns empezara o día 20 de agosto e finalizara o 30 de agosto, pero non só estará aberta a campaña en agosto senón tamén poderás ir deixar a túa doazón para partir do 4 de setembro no horario de 9:00h a 15h e de 18h a 20h de luns a domingo.

Solicitan materiais como:
Lapis.
Gomas.
Lapis de cores.
Afilalápis.
Bolígrafos de cores azul, vermello e negro.
Cadernos, dobre pauta, unha liña, cuadriculados.
Pegamentos de barra.
Tesoiras.

NoticiasVigo.es anima a que colaboredes nesta campaña, os nenos e nenas agradecerancho.