La Strada en Vigo o día 20

Publicado por o día 16/10/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

La Strada en Vigo o día 20

O neorrealismo da La Strada de Fellini aparece en escena, contando coa dirección de Mario Gas.

A Strada é unha das historias de Federico Fellini que máis lirismo destila. A versión que agora sobe ás táboas, protagonizada por Mar Ulldemolins, Alfonso Lara e Alberto Iglesias, é fiel ao universo felliniano, coa firma de Gerard Vázquez e a dirección de Mario Gas. Estamos na Italia de posguerra. Unha inocente moza é vendida pola súa nai a un forzudo de circo para que o axude no seu espectáculo ambulante. Aos poucos aflora entre eles unha especie de romance que non chega a forxar polo orgullo del e a timidez dela. Cando entre en escena a figura do Tolo, a vida dos dous cambiará para sempre.

Fecha: 20-10-2019
Hora: 20:00
Lugar: Teatro A Fundación

Comentar noticia

Your email address will not be published.