Lalín Ssuma 21 comeza a darlle voz á cidadanía cunha reunión sobre o proxecto do Manuel Rivero

Terá lugar o próximo luns, ás 20.00 horas na sala de prensa do concello
Por o 22/02/2018 | Sección: Galicia
Lalín Ssuma 21 comeza a darlle voz á cidadanía cunha reunión sobre o proxecto do Manuel Rivero
Compartir en:

A estratexia DUSI Lalín Ssuma21 comeza a darlle voz á cidadanía. Así o anuncia o tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, Nicolás González Casares, que comunica a convocatoria dunha reunión por parte do Concello para informar os veciños e veciñas de Lalín sobre o proxecto que se vai acometer na zona do antigo colexio Manuel Rivero, contemplado neste programa financiado con fondos da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER).

O encontro, tal e como explicou o concelleiro, é totalmente aberto á cidadanía en xeral, pero ten especial interese a participación dos veciños e veciñas da zona, que xa foron convidados a través dunha carta. Terá lugar o luns, día 26 de febreiro, ás 20.00 horas, na sala de prensa do concello e vai servir para presentar publicamente o anteproxecto e a organización de espazos que se vai executar nesta zona, a través dunha importante inversión.