Leiceaga reclama “menos visitas e menos propaganda e máis orzamentos” do ministro de Fomento

Por o 07/05/2018 | Sección: Política,PSOE
Leiceaga reclama “menos visitas e menos propaganda e máis orzamentos” do ministro de Fomento

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamoulle hoxe ao ministro de Fomento “menos visitas e menos propaganda e máis orzamentos” para as infraestruturas pendentes en Galicia. O responsable socialista apuntou á visita do ministro a Lugo para lembrarlle dos proxectos que Feijóo ten conxelados dende hai 10 anos.

“O ministro De la Serna predica en Galicia pero da trigo en Cantabria e País Vasco”. Así resumiu o portavoz socialista as visitas do responsable de Fomento a Galicia, cuns anuncios que, lembrou, non van acompañados de orzamentos mentres Feijóo opta pola “complicidade” e por primar a súa carreira política en lugar de defender os intereses de Galicia e das necesidades das provincias do interior.

Fernández Leiceaga recomendoulle hoxe ao presidente da Xunta que aproveite a viaxe en tren entre Sarria e Lugo para desbloquear a transferencia da AP-9 a Galicia, que o PP ten paralizada na Mesa do Congreso para evitar o debate nunha Cámara con maioría favorable.

Lembrou tamén que o AVE que debe conectar Galicia coa Meseta está pendente do tramo Taboadela – Ourense, que no mellor dos casos se retrasará ata 2024-25. Advertiu que os froitos reais destes encontros periódicos entre os dous dirixentes terán que agardar a lo menos ata 2028, case 20 anos despois de que comezara o goberno de Feijóo “e só se as cousas van ben dende agora”.

Aludiu así á inconsistencia das promesas do presidente da Xunta, que se contan por paralizacións, como o caso do AVE entre Lugo e Ourense que prometeu na campaña electoral de 2009, da que dez anos despois “non se sabe nada”. Tampouco aparece sinalada nos orzamentos xerais do Estado, nos que este proxecto conta con “cantidades ridículas de 200.000 euros” para 2018 e aínda menos para 2019.

Fixo un relatorio do resto dos proxectos paralizados na provincia, como a A-56, que suma 8 anos de paralización, o estado “absolutamente lamentable” da estrada N-540. Mentres, explicou, a autovía alternativa entre Lugo e Ourense leva tamén 8 anos paralizada “e con perspectivas de futuro nada halagüeñas”, cando boa parte dos proxectos están “listos para licitar”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.