O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou hoxe xunto a diversas autoridades na tradicional ofrenda floral a Ramón María del Valle-Inclán que se realizou no Cemiterio de Boisaca con motivo do 85 aniversario do pasamento do escritor.
En presenza de representantes de diferentes institucións culturais e familiares do autor, Román Rodríguez salientou a figura deste galego ilustre e lembrou a súa traxectoria vital e creativa animando á lectura das súas obras como un dos mellores xeitos de homenaxealo. Durante o acto tamén se fixo mención ao legado de Isaac Díaz Pardo, tamén soterrado no cemiterio compostelán e tamén finado un 5 de xaneiro e do que o ano pasado a Xunta conmemorou o centenario do seu nacemento.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.