Lesionado un Bombeiro mentres realizaba tarefas de prevención para evitar que se reavivase o lume declarado onte nun edificio da Coruña

Publicado por o día 11/09/2018 na sección de Sucesos

Lesionado un Bombeiro mentres realizaba tarefas de prevención para evitar que se reavivase o lume declarado onte nun edificio da Coruña

Un bombeiro lesionouse esta noite mentres realizaba tarefas de prevención para que  o lume declarado nun edificio da Coruña se reavivase. O operario tivo que ser atendido polos servizos sanitarios de urxencia.

Ao fío das 21:30 horas da noite pasada, varios particulares alertaban ao 112 Galicia dun incendio nun edificio de catro plantas, situado na Rúa Socorro. Indicaban que había moito fume e que os veciños estaban refuxiándose  na cuarta planta.

Decontado, dende o 112 Galicia pasouse aviso aos Bombeiros herculinos e á Policía Local. Ademais, púxose en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias por si fose precisa a súa intervención.

Unha vez rematadas as tarefas de extinción, os Bombeiros comunicaron que ardeu parte da primeira, da segunda e da terceira planta do edificio. Afortunadamente, ningún dos residentes precisou asistencia sanitaria.

Polo momento, descoñécense as causas que orixinaron o lume.