Lete Lasa asina o contrato de patrocinio da Triple Corona Illas Atlánticas que neste 2019 xuntará a 170 participantes para nadar os 19 quilómetros que separan a Illa de Sálvora do Grove

A proba de 2019 xa conta con maior número de participantes que a travesía de 2018, cando 150 deportistas percorreron 15 quilómetros entre as Illas Cíes e Baiona
Publicado por o día 29/07/2019 na sección de Galicia,Vigo

Lete Lasa asina o contrato de patrocinio da Triple Corona Illas Atlánticas que neste 2019 xuntará a 170 participantes para nadar os 19 quilómetros que separan a Illa de Sálvora do Grove

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, vén de asinar con Beatriz Alvariño, directora da proba da Triple Corona Illas Atlánticas o contrato de patrocinio polo que a Xunta de Galicia achega ao evento a cantidade de 1.000 euros.

O mandatario galego destacou a importancia dun dos eventos deportivos máis espectaculares da nosa xeografía que na súa primeira edición nos anos 2015, 2016 e 2017 xa se converteu nunha proba referente na natación en augas abertas. Agora, dixo, nesta segunda edición, “a Triple Corona baterá todos os seus rexistros dos tres anos anteriores xa que a primeira proba desta segunda entrega en 2018, que unía as Illas Cíes e a praia de Riberia en Baiona cun percorrido de 15 quilómetros, xa foi todo un éxito”.

Neste sentido, o secretario xeral apuntou que o vindeiro 7 de setembro, a proba que unirá a Illa de Sálvora coa praia de Confín, no Grove, pasando polo espectacular illote de Areoso, na Illa de Arousa e cun percorrido de 19 quilómetros, xa conta con maior número de participantes (170) que a travesía de 2018 (150). A Triple Corona completarase no ano 2020 cun recorrido de máis de 23 quilómetros entre a Illa de Ons e Combarro (Poio).

Comentar noticia

Your email address will not be published.