Lete Lasa asina o patrocinio do Salitre Fest “un dos maiores eventos de paddlesurf” que nesta edición dá un salto internacional ao converterse en campionato ibérico

Nesta nova edición que agarda uns 2.000 visitantes, Lete Lasa informou de que o Salitre Fest prepara un “amplo programa lúdico con concertos, DJs, food trucks, bautismos gratuítos e actividades paralelas”
Publicado por o día 28/08/2019 na sección de Baiona,Galicia

Lete Lasa asina o patrocinio do Salitre Fest “un dos maiores eventos de paddlesurf” que nesta edición dá un salto internacional ao converterse en campionato ibérico

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou na mañá de hoxe a sétima edición do Salitre Fest que este ano acollerá o Campionato de España de Paddlesurf por equipos así como o Campionato Ibérico de Paddlesurf no que padexeiros españois e portugueses buscarán ser o mellor deportista de paddlesurf da península. O mandatario galego destacou a importancia dun evento que desde 2013 leva “facendo moito ruído e configurando un dos maiores eventos de Stand Up Paddle ou paddlesurf que conseguiu ser sede do Campionato de España durante catro anos consecutivos”.

Nas súas verbas tamén animou á galega Marta Abruñedo como a gran baza local para o campionato que se celebrará entre o 6 e o 8 de agosto na Praia de Ribeira, en Baiona. Ademais, nesta nova edición que agarda uns 2.000 visitantes, Lete Lasa informou de que o Salitre Fest prepara un “amplo programa lúdico con concertos, DJs, food trucks, bautismos gratuítos e actividades paralelas”.

Do mesmo xeito, o secretario xeral para o Deporte asinou coa presidenta do Club Galego de Surf, Verónica Comesaña, o contrato de patrocinio que a Xunta de Galicia outorga á entidade para a realización do evento e que alcanza os 3.000 euros convertendo ao Goberno galego nun dos maiores patrocinadores. O secretario xeral destacou o apoio decidido da Xunta de Galicia ao deporte do surf xa que nesta tempada 2019, a Federación Galega recibe un 40% máis do orzamento consignado a través do convenio.

Comentar noticia

Your email address will not be published.