Lete Lasa destaca a Vig-Bay como unha das mellores probas de Galicia que nesta edición de 2019 inclúe as distancias de media maratón e maratón

Destaca a figura de Carlos Pérez, olímpico en Roma 1960, México 1968 e Múnic 1972, que “situou o atletismo galego e español no mapa”
Por o 27/02/2019 | Sección: Deportes,Galicia,Vigo
Lete Lasa destaca a Vig-Bay como unha das mellores probas de Galicia que nesta edición de 2019 inclúe as distancias de media maratón e maratón

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou no serán de hoxe no Museo Verbum na conmemoración polo XX aniversario da Medio Maratón Vig-Bay Carreira Gran Bahía Vigo Nigrán Baiona que terá lugar o vindeiro 7 de abril de 2019 e que este ano terá como gran novidade a inclusión dunha maratón de 42 quilómetros ademais da media maratón de 21.

Nas súas verbas, o secretario xeral gabou a traxectoria desta proba que xa vai pola súa vixésima edición da que dixo ser “a proba de atletismo máis importante de Vigo e unha das máis importantes de Galicia”. “O que comezaba como unha aventura de poucos no ano 2000 xa é unha tradición de todos”, subliñou.

Deste xeito, o máximo responsable do Deporte galego salientou que a sona desta proba que en 2018 contou con 5000 deportistas inscritos seguirá medrando porque “non hai mellor paraxe no mundo para facer deporte que as incomparables vistas dos concellos de Vigo, Nigrán e Baiona baixo a atenta mirada das Illas Cíes: un dos nosos mellores patrimonios paisaxísticos”.

A edición deste ano tamén rende homenaxe ao atleta vigués Carlos Pérez, olímpico en Roma 1960, México 1968 e Múnic 1972. José Ramón Lete Lasa apuntou que o corredor olívico “situou o atletismo galego e español no mapa” e que nesas décadas “gañouse o recoñecemento de todo un pobo, Galicia, a admiración de todo un país, España, e o respecto de todo un continente, Europa”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.