Lete Lasa presenta a “edición máis especial” da Regata Rey Juan Carlos con máis de 200 embarcacións na reaparición pública do monarca emérito e a disputa do Trofeo Presidente da Xunta

Fala do “excelente momento da vela galega” referendado polo Europeo 420 e 470 de Vilagarcía, ou o Mar de Maeloc. Ademais lembrou que en 2020 e 2021 chegarán a Galicia o Europeo e o Mundial da clase 6 metros
Publicado por o día 24/09/2019 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

Lete Lasa presenta a “edición máis especial” da Regata Rey Juan Carlos con máis de 200 embarcacións na reaparición pública do monarca emérito e a disputa do Trofeo Presidente da Xunta

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou esta mañá na presentación da V Regata Rey Juan Carlos El Corte Inglés Máster que se celebrará en Sanxenxo do 27 ao 29 de setembro e que acollerá as competicións de ORC, 6 metros clásicos, 6 metros Open, ORC Especial, J80, J70, Optimist e vela adaptada.

Esta regata é a terceira, xunto a S.A. R. Infanta Elena da Coruña e o Trofeo Príncipe de Asturias de Baiona, que conforma o circuíto galego de vela de alto nivel, o Trofeo Presidente da Xunta que se decidirá esta fin de semana na regata organizada polo Real Club Náutico de Sanxenxo. Nesta proba participarán un total de máis de 200 embarcacións, mentres que no ano 2009, a primeira edición patrocinada polo Corte Inglés contou con 133 barcos.

O mandatario galego destacou a importancia desta nova edición da Regata Rey Juan Carlos porque coincide coa reaparición pública do monarca emérito que “hai vinte días saía do Hospital Quirónsalud Madrid despois dunha cirurxía para implantarlle un triplo bypass aortocoronario”. A recuperación da intervención foi prevista para un tempo dun mes e medio aproximadamente, pero “as ganas de participar nos eventos deportivos de Galicia”, dixo o secretario xeral, “fixeron que Juan Carlos estea en Sanxenxo esta fin de semana patroneando o Bribón 500 Movistar”. Ademais, este ano tamén se celebra a efeméride do quinto centenario da primeira volta ao mundo Magallanes-Elcano.

Lete Lasa falou do “excelente momento da vela galega” referendado polo Europeo 420 e 470 de Vilagarcía, ou o Mar de Maeloc. Ademais lembrou que en 2020 e 2021 chegarán a Galicia o Europeo e o Mundial da clase 6 metros. Neste sentido destacou que a achega da Xunta de Galicia á Federación Galega de Vela, a través do convenio e sumando o achegado polo Xacobeo e a Secretaría Xeral da Igualdade, chega aos 312.000 euros, un 42% máis que en 2018. A de vela é a cuarta federación que máis diñeiro recibe da Xunta, “unha aposta lóxica e entendible” xa que é a terceira federación que conta con máis deportistas galegos de alto nivel, un total de 29.

Comentar noticia

Your email address will not be published.