Lete Lasa presenta o I Desafío BTT As Baloutas que conta co patrocinio da Xunta de Galicia e Deporte Galego

Destaca a calidade do ciclismo galego e nomeadamente a bicicleta de montaña e o ciclocross “que están poñendo a Galicia no mapamundi deste deporte” grazas aos éxitos de Iván Feijóo, Carlos Canal ou Pablo Rodríguez, entre outros
Publicado por o día 13/09/2019 na sección de Galicia,Mos

Lete Lasa presenta o I Desafío BTT As Baloutas que conta co patrocinio da Xunta de Galicia e Deporte Galego

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, vén de presentar xunto a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, no Campo de Fútbol das Baloutas o I Desafío BTT As Baloutas que organizan conxuntamente a Unión Deportiva Mos, a Peña BTT Cristo de Belén e Protección Civil de Mos, contando co patrocinio da Xunta de Galicia e Deporte Galego.

O secretario xeral destacou a calidade do ciclismo galego e nomeadamente a bicicleta de montaña e o ciclocross “que están poñendo a Galicia no mapamundi deste deporte” grazas aos éxitos de Iván Feijóo, Carlos Canal ou Pablo Rodríguez, entre outros. Asemade, tamén destacou a mellora das estatísticas galegas de ciclismo que conta con máis de 7.000 licenzas federativas, 280 clubs con actividade e un investimento da administración autonómica que rolda os 450.000 euros, a cuarta federación deportiva galega con maior crecemento.

A primeira edición da BTT As Baloutas celebrarase o domingo 29 de setembro con saída e chegada da zona deportiva das Baloutas e consistente nun percorrido de 40 quilómetros.