Lete Lasa recibe na Casa do Deporte en Vigo aos últimos campións galegos de xadrez

Publicado por o día 30/10/2019 na sección de Deportes,Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

Lete Lasa recibe na Casa do Deporte en Vigo aos últimos campións galegos de xadrez

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu onte na Casa do Deporte a tres dos últimos campións galegos de xadrez aos que felicitou polos seus recentes éxitos e animou a que continúen “adestrando e mellorando para contribuír ao excelente momento que vive o deporte galego”.

A delegación de xadrecistas, capitaneada polo presidente da Federación Galega, Gaspar Pérez, contou coa presencia do subcampión de España coa selección infantil e medalla ao mellor primeiro taboleiro, ademais de campión de España sub14 e terceiro clasificado no Campionato do Mundo de xadrez lóstrego na categoría sub14 open, Rubén Fernández López, o subcampión de España coa selección infantil e sexto clasificado no Campionato do Mundo de xadrez lóstrego sub14 open, Pablo López Varela, e a subcampioa de España coa selección infantil, Paula Suárez Gómez.

Comentar noticia

Your email address will not be published.