Liberan a un condutor tras quedar atrapado no interior dun vehículo despois de saírse da vía e dar dúas voltas de campá en Salceda de Caselas

Unha persoa e única ocupante dun vehículo resultou ferida de consideración tras saírse da vía e dar dúas voltas de campá ao seu paso por Salceda de Caselas (Pontevedra), concretamente, na PO-510, á altura de Parderrubias.  Ademais, foi precisa a intervención dos Bombeiros de Baixo Miño para liberar ao condutor, que quedou atrapado no interior do turismo.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente, ás 17:30 horas desta tarde, grazas á chamada dun particular que presenciou o suceso.  Nese mesmo momento, tamén persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comunicaba ao 112 Galicia a gravidade do accidente.

Decontado, os xestores do 112 puxeron en marcha un operativo no que ademais dos Bombeiros e dos servizos sanitarios participaron os axentes de Tráfico e os efectivos de Protección Civil.

Do mesmo xeito, foi requirida a intervención do persoal de mantemento da estrada para a limpeza da vía.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario