Liberan a un home atrapado no interior dun turismo tras saírse da vía en Neda

Publicado por o día 04/05/2020 na sección de Sucesos

Liberan a un home atrapado no interior dun turismo tras saírse da vía en Neda

Un home resultou ferido despois de saírse da vía cando circulaba pola AC-115, á altura do edificio A Fonte, na localidade coruñesa de Neda. Ademais, foi precisa a intervención dos medios de excarceración para liberar ao home, tras quedar atrapado no interior do turismo.

Foi unha persoa particular quen, ao fío das 21:30 horas da noite pasada, informou ao 112 Galicia deste accidente. Indicou que o coche ao saírse da vía batera contra outro que estaba estacionado e que había unha persoa ferida.

Así, con estes datos, os xestores do 112 Galicia pasaron aviso decontado ao persoal do Servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. De igual xeito, puxeron os feitos en coñecemento dos axentes de Tráfico, da Policía local, dos Bombeiros de Ferrol e dos membros do GES de Mugardos e de Protección Civil da localidade. Así mesmo, requiriron a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada, que se encargou da limpeza da vía.

Con todo, os membros do GES confirmaron ao 112 Galicia que o home tivera que ser excarcerado do interior do turismo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.