Liberan a un meniño ao que lle quedou atrapada unha man nunha porta dunha escola infantil en Poio

Publicado por o día 24/01/2020 na sección de Sucesos

Liberan a un meniño ao que lle quedou atrapada unha man nunha porta dunha escola infantil en Poio

Os servizos de emerxencia acudiron este mediodía a unha escola infantil de Poio para liberar a un meniño ao que lle quedou unha man atrapada nunha porta. Deste xeito, os axentes da Policía Local e os servizos sanitarios desencaixaron os dedos do pequeno coa axuda dunha ferramenta de apoio para ser atendido, despois, polo persoal médico desprazado.

Os feitos sucederon na rúa Oliveira, uns minutos antes das 12:45 horas. Nese momento, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertaba ao 112 Galicia do ocorrido.

Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención do GES de Sanxenxo, da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Ademais, desde o 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Ribadumia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.