Unha persoa resultou ferida en Caldas de Reis despois de saírse da vía co seu vehículo cando se incorporaba á AP-9, no punto quilométrico 110, dirección Santiago.
O condutor tivo que ser, ademais, excarcerado polos Bombeiros de Vilagarcía, tras quedar atrapado no interior do vehículo ao chocar contra a mediana da Autoestrada. Unha vez liberado, foi evacuado nunha ambulancia do 061 que o trasladou ao centro hospitalario de referencia.
Ata o lugar desprazáronse ademais dos servizos sanitarios e dos Bombeiros, os axentes de Tráfico, da Policía Local e os efectivos do GES de Valga e de Protección Civil da localidade.
O CIAE foi alertado deste accidente sobre as 23:30 horas da noite de onte.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.