Liberan unha man atrapada nunha maquina esmagadora de viño

Publicado por o día 30/09/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Liberan unha man atrapada nunha maquina esmagadora de viño

O pasado venres ás 18:05 horas recibiuse no 092 da Policía Local de Vigo, realizada polo servizo de emerxencias 112.

Segundo parece, o requirimento obedecía a que un home tiña a man atrapada nunha maquina esmagadora de viño.

Segundo parece estaba só no seu domicilio cando se produciu o feito, non tendo a posibilidade de que alguén lle axudase, trasladándose tamén a súa filla ao lugar.

A cubrir o servizo acudiron unha unidade da Policía Local de Vigo, así como unha dotación do servizo de extinción de incendios.

Finalmente o home foi liberado e non se lle aprecio lesión algunha de importancia, tras ser observado polos técnicos sanitarios desprazados ao lugar.

Aínda así, foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro, para unha avaliación máis exhaustiva debido á contusión sufrida en catro dedos da man atrapada.