A libraría viguesa Cartabón gañadora dos Premios Fervenzas 2017

Por o 16/01/2018 | Sección: Cultura,Galicia,Vigo
A libraría viguesa Cartabón gañadora dos Premios Fervenzas 2017

Os premios Fervenzas Literarias son uns premios sen dotación económica que recoñecen diversos aspectos do mundo da edición. Son uns galardóns organizados pola páxina web Fervenzas Literarias. Teñen carácter anual e celébranse dende o ano 2007. O sistema de votación é público e funciona a partir dunha enquisa aberta aos lectores entre os meses de decembro e xaneiro. A participación entre 2011 e 2014 superou as 400 votacións

Tras pechar o día 14 de xaneiro o prazo de votacións temos, un ano máis, os resultados onde as lectoras e os lectores de Fervenzas Literarias decidiron o que ao seu xuízo foi o mellor do 2017. En total, este ano recibiron 522 enquisas válidas.

Os gañadores deste galardón

Narrativa
A nena do abrigo de astracán de Xabier P. DoCampo da editorial Xerais.
Poesía
Lumes de Ismael Ramos da editora Apiario Editora.
Ensaio-investigación
Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863) de María Xesús Lama da editorial Galaxia.
Teatro
Suite Artabria de Manuel Lourenzo da editorial Xerais.
Banda deseñada
O Bichero VII. De punta a chicote de Luis Davila.
Tradución (público adulto)
Thérèse Raquin de Émile Zola Isabel Soto da editorial Hugin e Munin.
Literatura xuvenil
Os nenos da varíola de María Solar da editorial Galaxia.
Literatura infantil
A señorita Bubble de Ledicia Costas da editorial Xerais.
Tradución (LIX)
Pippi Mediaslongas de Astrid Lindgren coa traducción de David A. Álvarez da editorial Kalandraka.
Autor/a do ano
Ismael Ramos.
Ilustrador/a do ano
Víctor Rivas.
Cuberta (público adulto)
Luns de Elí Ríos da editorial Xerais.
Cuberta (LIX)
A señorita Bubble de Andrés Meixide da editorial Xerais.
Editorial
Galaxia.
Crítica literaria
Armando Requeixo.
O mellor acontecido
Culturgal.
O peor acontecido
A política lingüística do goberno da Xunta de Galicia.
Medio de comunicación
Sermos Galiza.
Blog/web literaria
Caderno da crítica de Ramón Nicolás.