O libro solidario Elefantes de papel repite presentación en Vigo ante a boa acollida recibida

Por o 19/01/2018 | Sección: Eventos,Galicia,Vigo
O libro solidario Elefantes de papel repite presentación en Vigo ante a boa acollida recibida
O libro solidario Elefantes de papel repite presentación en Vigo ante a boa acollida recibida no café De catro a catro e no Centro Cultural de A Guarda, onde houbo que cambiar de sala para dar cabida a todos os asistentes.
Desta volta atoparémolos o vindeiro sábado, 20 de xaneiro ás 20.00h. na cafetería La Tarara (r/Coruña, 76) onde nos explicarán o seu proxecto solidario, que coma sempre, beneficiará a dúas asociaciones, neste caso, Conrazones  e Lápices y Colores.
Elefantes de papel nace da idea de autopublicar un libro de relatos curtos saíndo dos vieiros tradicionais.
Os seus autores, María Salinas e Berto Pirata, escribiron, correxiron e incluiron as ilustracións de Humberto Ademar Farias Iglesias; propoñéndose o reto de facer 52 presentacións por toda a xeografía galega.
Así mesmo están á espera de que a ONCE dea o visto bo para que sexa traducido a Braille.
A finalidade desta viaxe solidaria, non é só recadar cartos para as asociacións elixidas, senón, sobre todo, visibilizar a labor que diferentes grupos, entidades ou ONGs levan a cabo.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.