Lídia Senra carga contra as políticas de austeridade da UE que repercuten na limitación dos orzamentos públicos

A eurodeputada e candidata estivo hoxe en Sanxenxo, onde esixiu que as institucións europeas deixen de favorecer a privatización dos servizos básicos
Por o 19/05/2019 | Sección: En Marea,Política
Lídia Senra carga contra as políticas de austeridade da UE que repercuten na limitación dos orzamentos públicos

eurodeputada Lídia Senra, candidata de En Mareas:Compromiso por Europa ás eleccións europeas do 26 de maio, visitou este domingo Sanxenxo, acompañada pola tamén integrante da lista electoral europea, Celsa González Ogando, e polo voceiro de En Marea, Luís Villares, e a candidata de En Marea Sanxenxo á alcaldía nas eleccións municipais do tamén 26m, Mari Camiña.

grupo enteiro visitou pola mañá os terreos que agardan pola construcción do novo colexio de Vilalonga e polo remate do centro cultural. Senra aproveitou para falar, en declaracións aos medios, de que moito do que está pasando relacionado cos recortes e co detrimento dos servizos públicos ten que ver coas políticas de austeridade dictadas pola UE, que obrigan a limitar os orzamentos públicos dos Estados e concellos, e tamén coa decisión da propia UE de favorecer a privatización dos servizos públicos. Neste sentido, reclamou que se poña fin a este tipo de políticas.

A candidata ás eleccións europeas tamén considerou totalmente inadmisible que a UE teña figuras de protección como pode ser a Rede Natura e ao mesmo tempo permita actuacións como as que se dan en Sanxenxo, que están danando esas zonas protexidas. Así, fixo mención ao paseo da Lanzada, ás plantas invasoras e a outras actuacions que están danando a contorna natural e reclamou que se poña en marcha o plan de recuperación dunar.

Por desgraza, estas situacións non son exclusivas de Sanxenxo, xa que acontecen en moitos puntos da Galiza. Igual que fixemos nestes cinco anos, a nosa intención é seguir traballando, con toda a preocupación, para que non se acometan verdadeiras aberracións naturais nas zonas protexidas”, zanxou.

A mediodía, Senra acompañada do resto de compañeiros e compañeiras, fixo un percorrido polo centro de Sanxenxo e Portonovo, onde repartiron información da campaña electoral.

Comentar noticia

Your email address will not be published.