Lidia Senra denuncia na CE que a Ponte Vella de Monforte necesita unha urxente intervención

A necesidade de mantemento e peonalización é unha reivindicación de colectivos e persoas vinculadas coa defensa do patrimonio
Publicado por o día 14/08/2017 na sección de AGE,Galicia,Lugo,Política

Lidia Senra denuncia na CE que a Ponte Vella de Monforte necesita unha urxente intervención

Ven de denunciar ante a Comisión Europea que a Ponte Vella medieval de Monforte de Lemos sobre o río Cabe necesita nestes momentos actuacións urxentes para a súa conservación e que se teñen que poñer as medidas necesarias para conseguir a peonalización, posto que non pode seguir soportando o tránsito rodado.   Senra presentou esta semana un escrito dirixido á CE dando conta desta situación.

Esta ponte é un dos monumentos máis emblemáticos desta cidade. Trátase dun ben inventariado que forma parte do conxunto monumental monfortino do casco  antigo, con categoría de BIC. O Plan Especial de Protección e Rehabilitación do Conxunto Histórico Artístico de Monforte recoñece que o tránsito rodado que soporta a ponte medieval monfortina excede as posibilidades do monumento, sinalando como obxectivo básico a peonalización da ponte. O estado da ponte fai necesarias actuacións urxentes para a súa conservación.

Ante esta situación, Senra pídelle a Comisión que tome algunha medida para que os Estados asinantes do Convenio para a salvagarda do Patrimonio Arquitectónico de Europa, teñan actuacións eficaces para evitar o deterioro do patrimonio arquitectónico. A Comisión Europea debería dar resposta a este escrito nun prazo de entre 4 a 6 semanas.