A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), desprázase este xoves pola tarde a Irlanda para participar nunha iniciativa do Sinn Féinn que terá lugar entre hoxe e mañá en diversos puntos da illa co obxectivo de chamar a atención sobre os dereitos do pobo irlandés a decidir o seu futuro e ver garantidos os dereitos que lles outorgan os Acordos de Venres Santo no contexto da saída de Reino Unido da UE.
O primeiro dos actos consistirá nunha reunión pública en Dundalk, cidade situada na fronteira entre Irlanda do Norte e a República de Irlanda e lugar escollido para reivindicar os dereitos dos irlandeses do norte e do sur no escenario postBrexit.
Mañá venres, a eurodeputada galega desprazarase a Belfast, onde está prevista unha reunión coa asociación West Belfast e cos membros da Asemblea de Irlanda do Norte.

Nado en Vigo hai 38 anos. Fotógrafo, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.